Servicio Galego de Saúde O CHUAC PREPARÁ PRETO DE 2.500 MENÚS ESPECIAIS PARA AS DÚAS NOITES MÁIS SINALADAS DESTAS FESTAS DE NADAL

O CHUAC PREPARÁ PRETO DE 2.500 MENÚS ESPECIAIS PARA AS DÚAS NOITES MÁIS SINALADAS DESTAS FESTAS DE NADAL


Como todos os anos o Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña ten
preparados os menús que servirá aos máis de 2.000 pacientes ingresados durante
as dúas noites destas festas de Nadal máis sinaladas e que este ano non poderán
acompañar aos seus familiares nos seus fogares. A cea do 24 de decembro e a do
ultimo día do ano.

Na cea de noiteboa poderán elixir entre salpicón de pescados e mariscos ou
crema reina como primeiro prato, como segundo prato entre cordeiro e tenreira
confitada, acompañados con guarnición de verduras tenras ou arroz. Ademais dos
típicos postres navideños, como o turrón e os doces para diabéticos.

A cea de fin de ano terá un toque diferente. Como primeiro prato poderase
elixir entre un cóctel de langostinos e unha crema de arroz con tropezóns de
polo, continuará cun rodaballo á molinera ou solomillo de tenreira á prancha
como segundo prato, todo isto acompañado de patacas torneadas ao vapor.
Tampouco faltarán os típicos postres navideños, que nesta noite especial, como
manda a tradición, estarán acompañados polas uvas da sorte para recibir ao ano
novo.

Levar a cabo esta tarefa é posible grazas ao traballo que desenvolven os
máis de 200 profesionais que traballan no servizo de cociña e que serven
diariamente máis de 3.000 menús aos pacientes ingresados no Hospital de A
Coruña e aos demais centros sanitarios que forman o Complexo Hospitalario
Universitario de A Coruña.

Persoal de garda

Por outra banda, cabe sinalar que máis de 500 profesionais sanitarios, aos
que hai que engadir o resto do persoal non sanitario como administrativos,
celadores ou persoal de mentenemento, farán garda nos centros que compoñen o
Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña e velarán cada un dos días
festivos deste Nadal polos pacientes ingresados.


Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

Arriba