Más de 1.000 opositores nos visitan diariamente para informarse, por algo será ;)
 Ayuda a mantener la web activa  Propuestas de colaboración

Servicio Galego de Saúde GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 4.885 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS

GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 4.885 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS


A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.885, deles 1.006 son da área da Coruña, 590 da de Lugo, 770 da de Ourense, 448 da de Pontevedra, 769 da área de Vigo, 793 da de Santiago e 482 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 24 están en UCI, 409 en unidades de hospitalización e 4.452 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 661.108 persoas curadas, rexistrándose 3.815 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.959.697.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.712.397.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:


Día 27 de xullo:

Home de 79 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 81 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 66 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid



A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras



As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións



Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.




Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

foropositores
Respuestas
0
Visitas
12
foropositores
foropositores
foropositores
Respuestas
0
Visitas
10
foropositores
foropositores
foropositores
Respuestas
0
Visitas
19
foropositores
foropositores
foropositores
Respuestas
0
Visitas
18
foropositores
foropositores
foropositores
Respuestas
0
Visitas
28
foropositores
foropositores
Arriba