Más de 1.000 opositores nos visitan diariamente para informarse, por algo será ;)
 Ayuda a mantener la web activa  Propuestas de colaboración

Servicio Galego de Saúde GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 4.769 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS

GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 4.769 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS


A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.769, deles 979 son da área da Coruña, 600 da de Lugo, 763 da de Ourense, 422 da de Pontevedra, 728 da área de Vigo, 795 da de Santiago e 460 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 429 en unidades de hospitalización e 4.313 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 660.877 persoas curadas, rexistrándose 3.812 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.958.926.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.711.632

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 25 de xullo:

Home de 77 anos, na área sanitaria de Vigo .


Día 26 de xullo:

Home de 89 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Muller de 91 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Muller de 99 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.


Día 27 de xullo:

Home de 62 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid



A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras



As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest poderán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, terán a súa disposición dúas modalidades para poder facelo dun xeito sinxelo. En primeiro lugar, a través da aplicación SergasMóbil, tal e como se explica no seguinte vídeo, ou ben, chamando ao número de teléfono 881 540 045.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.


Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

foropositores
Respuestas
0
Visitas
14
foropositores
foropositores
foropositores
Respuestas
0
Visitas
11
foropositores
foropositores
foropositores
Respuestas
0
Visitas
19
foropositores
foropositores
foropositores
Respuestas
0
Visitas
18
foropositores
foropositores
foropositores
Respuestas
0
Visitas
28
foropositores
foropositores
Arriba