Más de 1.000 opositores nos visitan diariamente para informarse, por algo será ;)
 Ayuda a mantener la web activa  Propuestas de colaboración

Servicio Galego de Saúde A XUNTA LAMENTA QUE O MINISTERIO DE SANIDADE NON PERMITA A GALICIA AMPLIAR MÁIS A OFERTA DE PRAZAS DOCENTES DE MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA

A XUNTA LAMENTA QUE O MINISTERIO DE SANIDADE NON PERMITA A GALICIA AMPLIAR MÁIS A OFERTA DE PRAZAS DOCENTES DE MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembra de novo que o principal problema da sanidade “é agora mesmo o déficit de médicos de familia, e insiste en que “é preciso incrementar as unidades docentes para aumentar a formación de médicos residentes” .

O titular do departamento lamentou, en rolda de prensa tras a reunión do Pleno da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde, na que estivo acompañado da directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña, e do xerente da Axencia Galega de Coñecemento e Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa, que o Ministerio de Sanidade non permita a Galicia ampliar máis a oferta de prazas docentes de Medicina Familiar e Comunitaria, e volveu expresar a súa disconformidade coa actuación do Goberno central ante a petición de que se contemple, na orde reguladora da próxima convocatoria de prazas MIR, a posibilidade de incrementar as prazas convocadas se puidesen acreditarse máis.
“Hoxe voltamos a insistir dende Galicia en que se revise a nota de corte- e baixala máis se é preciso- para evitar que queden prazas vacantes, como xa sucedeu, e como xa advertimos ao ministerio”, explicou o titular da sanidade galega, quen destacou o traballo realizado pola comunidade galega, que oferta o 8,4% das prazas de Medicina Familiar Comunitaria, o que supón o dobre de prazas que Canarias, e o mesmo número de prazas que Valencia, cando a Comunidade Valenciana dobra a poboación galega.

García Comesaña lembra que, das 89 novas prazas, 65 son de Galicia, unha cuestión que foi posible “grazas ao esforzo que fixemos porque vimos certa apertura nos criterios de acreditación, un esforzo que parece non é suficiente”, lamenta o conselleiro, que aposta por seguir a avanzar, incrementando prazas e adaptándoas ás necesidades que temos e teremos no futuro”.Neste sentido, tamén critica que ”non se aproveite a orde de convocatoria de prazas MIR para introducir mecanismos e novidades para corrixir cuestións importantes como as renuncias ou barallar, por exemplo, facer os exames antes”, declarou esta mañá o conselleiro.

García Comesaña avoga porque os avances na acreditación cristalicen en pouco tempo, un ou dous meses- o que “permitiría aumentar o número de prazas e que na orde apareza o incremento”.


Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

Arriba