Servicio Galego de Saúde A XUNTA DESTINA NO VINDEIRO ANO 74 MILLÓNS DE EUROS Á PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN SANITARIA URXENTE A TRAVÉS DO 061 DE GALICIA

A XUNTA DESTINA NO VINDEIRO ANO 74 MILLÓNS DE EUROS Á PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ATENCIÓN SANITARIA URXENTE A TRAVÉS DO 061 DE GALICIA


A
Xunta de Galicia aprobou a prórroga, para o vindeiro ano, por un
importe de 73.845.648 euros, do contrato programa da Fundación
Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que ten como obxecto a
a coordinación e prestación de servizos de urxencias médicas. A
prórroga do contrato do período 2021-2022 permitirá seguir
ofrecéndolle á cidadanía a resposta máis axeitada á súa
solicitude de consulta e asistencia sanitaria urxente
extrahospitalaria na comunidade autónoma galega.

A
vinculación entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de
Galicia-061 e o Servizo Galego de Saúde formalízase mediante
contratos programa que permiten organizar o funcionamento do 061 de
Galicia en función dos criterios de planificación do Sergas e das
necesidades dos usuarios. Nos contratos programa establécense os
plans de obxectivos de actividades e os recursos económicos para o
seu financiamento. O primeiro destes contratos programa asinouse en
2006.

Desde
o ano 1995, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o organismo
encargado de coordinar a atención ás urxencias e ás emerxencias
sanitarias na comunidade autónoma, de xeito que, cando varias
demandas de atención coinciden no tempo, procede á súa
clasificación, co obxecto de dar a resposta máis axeitada a cada
unha delas, seguindo criterios de saúde e de optimización de
recursos.

Ademais,
o 061 presta, durante as 24 horas do día, servizos sen mobilización
de recursos –consello médico urxente, información sobre a saúde
e asesoría médica– ou ben con mobilización –emerxencias,
asistencia in situ, transporte sanitario urxente, visita domiciliaria
e transporte secundario–.

Así
mesmo, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xestiona o servizo de
transporte sanitario urxente terrestre a través de 12 ambulancias
asistenciais de soporte vital avanzado, medicalizadas e catro de
enfermería; dous helicópteros medicalizados; 107 ambulancias
asistenciais de soporte vital básico e dúas ambulancias
convencionais que compoñen a Rede de transporte sanitario urxente de
Galicia e garanten
a cobertura ás urxencias e ás emerxencias sanitarias en toda
xeografía galega as 24 horas, os 365 días do ano. Trátase da maior
dotación de medios coa que contou nunca este ente, o que permitiu
tamén un importante incremento da actividade.

Actividade

A
Central de Coordinación do 061 de Galicia recibiu preto de 1.158.000
chamadas ao longo de 2021, o que supón unha media diaria de 3.172
chamadas. Destas, 677.299 foron chamadas de demanda sanitaria que
xeraron 493.743 procesos asistenciais. Estes procesos se resolveron
sen necesidade de mobilizar recursos nun 40% (como consulta médica
telefónica, asesoría a profesionais sanitarios e contacto
médico-paciente) e o 60% restante necesitaron a mobilización de
recursos asistenciais de soporte vital básico ou avanzado.




Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

foropositores
Respuestas
0
Visitas
40
foropositores
foropositores
Arriba