Servicio Galego de Saúde A XUNTA CREA A CATEGORÍA DE DIETISTA-NUTRICIONISTA PARA APOIAR AOS CENTROS DE ATENCIÓN PRIMARIA

A XUNTA CREA A CATEGORÍA DE DIETISTA-NUTRICIONISTA PARA APOIAR AOS CENTROS DE ATENCIÓN PRIMARIA


O
Consello da Xunta aprobou
o Decreto polo que se crea a categoría estatutaria de
dietista-nutricionista do Servizo Galego de Saúde,
completando
así un proceso de elaboración que se iniciou en febreiro deste ano
coa exposición pública do proxecto do decreto e que contou coa
participación das organizacións sindicais na Mesa Sectorial.

De
xeito paralelo á creación desta nova categoría, e como expresión
de actuar no ámbito da dieta e a nutrición, a Xunta inicia un
programa piloto a través do que comezarán a traballar de xeito
inmediato no Sergas, un total de 94 nutricionistas na atención
primaria, para a mellora da capacidade diagnóstica neste nivel
asistencial. Así, a partir da vindeira semana, toda a poboación
galega, tanto de idade adulta como pediátrica, terá acceso a un
novo servizo na atención primaria.

Os
novos profesionais estarán repartidos nas sete áreas sanitarias.
Así, 18 estarán na área sanitaria da Coruña e Cee; 7 na de
Ferrol; 16 na de Santiago e Barbanza; 15 na de Lugo, A Mariña e
Monforte de Lemos; 13 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras;
15 na de Vigo; e 10 na de Pontevedra e O Salnés.

O
decreto non restrinxe as actividades da nova categoría ao ámbito da
atención primaria, e podería estenderse, igualmente, ao ámbito da
atención hospitalaria (dietas, prevención da desnutrición,
valoración do estado nutricional, etc.).

Sinalar,
así mesmo, que xa está creada a categoría de técnico de formación
profesional en nutrición e dietética, que actualmente traballan en
hospitais. A día de hoxe, hai 28 profesionais vinculados a esta
categoría.

Funcións

Este
persoal que se incorpora por primeira vez nas institucións
sanitarias da rede do Sergas traballará con pacientes con patoloxías
crónicas, como a diabetes, a hipertensión arterial, dislipemia(colesterol
alto)ou
a obesidade.

Para
o desempeño desta categoría é preciso posuír o título
universitario de diplomado ou graduado en Nutrición Humana e
Dietética.

Entre
as súas funcións deste profesionais estarán a realización de
valoracións do estado nutricional; dar soporte na prescrición de
dietas e consellos alimentarios; identificar os factores de risco e
as prácticas dietéticas inadecuadas mediante cuestionarios de
cribado e rexistros dietéticos; e colaborar no soporte nutricional
domiciliario nas funcións que lle son propias.

Xunto
ao anterior, tamén elaborarán dietas estandarizadas; participarán
en programas de información e educación alimentaria e nutricional,
preventivos ou terapéuticos; e tamén participarán na formación
continuada do resto do persoal sanitario en materia de dietética e
nutrición, así como na coordinación en materia de dietética e
nutrición entre diferentes ámbitos asistenciais.

Saúde
comunitaria e Plan de Obesidade Zero


Entre
as liñas de actuación da Xunta no ámbito da atención primaria
figura definir e impulsar unha estratexia de saúde comunitaria que
integre, entre outros, aqueles factores que, como a dieta, están
relacionados co estilo de vida. O Executivo galego tamén considera
estratéxico conectar os equipos de atención primaria con algunhas
funcións, entre ellas as propias dos nutricionistas, que cada vez
serán máis necesarias para a prestación dos coidados, que
necesitan determinados pacientes.

A
nova norma, creando no Sergas unha categoría que se corresponde coa
profesión de dietista-nutricionista, atende fundamentalmente á liña
estratéxica do ámbito do primeiro nivel asistencial que é a
referida ao fomento das dietas saudables e as axustadas ás
necesidades dos pacientes e aos coidados que precisan.

O
fomento da alimentación equilibrada está considerado como un dos
factores protectores fronte á obesidade no Plan de Obesidade Zero
2022-2030, a folla de ruta do goberno galego contra este problema de
saúde que foi aprobada o pasado setembro polo Parlamento de Galicia.


Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

Arriba