Servicio Galego de Saúde A XUNTA ADXUDICA POR MAIS DE 5.7 MILLÓNS DE EUROS AS OBRAS E EQUIPAMENTO DO SERVIZO DE MEDICINA NUCLEAR DE OURENSE

A XUNTA ADXUDICA POR MAIS DE 5.7 MILLÓNS DE EUROS AS OBRAS E EQUIPAMENTO DO SERVIZO DE MEDICINA NUCLEAR DE OURENSE


A Xunta de Galicia ven de adxudicar a “UTE Puentes y Calzadas
Infraestructuras SLU + Servicios COPASA” as obras do novo Servizo de
Medicina Nuclear do Hospital Universitario de Ourense, no que se investirán
5.708.735 euros, e que inclúe entre o seu equipamento un PET-TC, por un importe
que ronda o millón e medio de euros, e co que Ourense accede a esta tecnoloxía.

O importe de adxudicación das obras foi de
2.834.453, 36 euros, coa principal novidade de reducir o prazo estimado de
execución en oito semanas, fixando o prazo en 4 meses. Asemade o equipamento de
alta tecnoloxía ascende a 2.874.282 €, con dúas gammacámaras SPECT-CT, adxudicadas
a General Electric por unha suma de 1.391.500 euros, en concreto as que se instalarán
son o modelo NM/CT 870 DR Elite, mentres que o novo PET-TC foi adxudicado
a Siemens e será un dos seus equipos de
última xeración: Biograph MCT flow RT
inyector, por un importe de 1.482.782€.

Con este investimento o Servizo pasará da
planta baixa do Edificio Santa María Nai ao nucleo central de hospitalización,
no primeiro soto do edificio Cristal, estruturado en catro áreas básicas. Unha
non protexida onde se sitúan as dependencias ambulatorias e de admisión; unha
área radioprotexida, na que se emprazarán as dúas gammacámaras, a sala de técnica
común, a sala de inxección e as esperas correspondentes, a cámara quente e
residuos. A terceira será a de terapia metabólica, cunha habitación, unha sala
diferenciada para limpeza da área, oco para residuos sólidos e control de
enfermaría; e por último a área de PET-TC, independente e con entrada
diferenciada.

Este equipamento será financiado pola
Unión Europea través do mecanismo de recuperación e resiliencia-Next
Generation, adquiríndose a través do Plan de Inversión en equipos de alta
tecnoloxía do Sistema Nacional de Saúde.


Sanidade pública do futuro para Ourense

Ademáis da reforma de medicina nuclear, neste
intre están en marcha as obras da Unidade de Coidados Intensivos, adxudicadas á
UTE Seranco SAU+Oreco SAU, cun orzamento de 8.221.708 euros para poñer en
marcha a que será a primeira UCI deseñada tendo en conta as necesidades da
pandemia.

Con esta obra, Ourense renovará e
duplicará o espazo actual da súa unidade de coidados intensivos, que ampliará
as súas marxes dentro da cuarta planta do Edificio Cristal, mediante unha
adaptación de espazos para a implantación de tres módulos da UCI cos seus
correspondentes áreas asistenciais e administrativas de apoio.

O proxecto adecuarase aos máis actuais
requerimentos estruturais dunha unidade de críticos, referidos á dimensión dos
postos, á configuración dos espazos e á climatización e conservación, acorde ás
novas regulacións do manexo de pacientes, incluídas aquelas
específicas no marco da pandemia da COVID-19, pero tamén aos novos
procedementos asistenciais e uso de novas tecnoloxías e equipamentos
electromédicos ou de alta tecnoloxía.

As obras da UCI realizaranse en paralelo
ás de ampliación do propio hospital, coa construción dun novo edificio de
hospitalización de 12 plantas, neste momento en obras, e a reforma integral do Materno Infantil, un
investimento de preto de 52,6 M€ e xerará preto de 1.000 empregos.

Este proxecto forma parte dun ambicioso
proxecto de futuro para a sanidade pública de Ourense da Xunta de Galicia, que
prevé investimentos de ata 120 millóns de euros nesta Área Sanitaria destinadas
a obras nos tres hospitais e atención primaria así como de acceso a alta
tecnoloxía.

Os orzamentos da Xunta de Galicia para
este mesmo ano 2022 en tecnoloxía sanitaria ascenden a máis de 13.4 millóns de
euros, e posibilitarán renovar os dous aceleradores lineais do servizo de
radioterapia así como 6 equipos TC; dous deles destinados aos hospitais de
Verín e Valdeorras; renovar a sala Radioloxía Vascular Intervencionista e dotar
a este servizo cun novo equipo de Anxiografía Neurorradiolóxica; así como
incorporar oito novos ecógrafos para o servizo de radiodiagnóstico e un para o
servizo de urxencias. Todos eles xa adxudicados e en proceso de instalación.




Fuente: Servizo Galego de Saúde
 
Deja un comentario y lo compartiremos en redes sociales
Escribe un comentario...

Quizás pueda interesarte:

Servicio Galego de Saúde
Respuestas
0
Visitas
16
Servicio Galego de Saúde
Servicio Galego de Saúde
Servicio Galego de Saúde
Respuestas
0
Visitas
34
Servicio Galego de Saúde
Servicio Galego de Saúde
Servicio Galego de Saúde
Respuestas
0
Visitas
21
Servicio Galego de Saúde
Servicio Galego de Saúde
Arriba