Servicio Galego de Saúde A XUNTA ADXUDICA POR 3,5 MILLÓNS DE EUROS A CONTRATACIÓN CENTRALIZADA DO CONTROL DO TRATAMENTO ANTICOAGULANTE ORAL

A XUNTA ADXUDICA POR 3,5 MILLÓNS DE EUROS A CONTRATACIÓN CENTRALIZADA DO CONTROL DO TRATAMENTO ANTICOAGULANTE ORAL


A Xunta de Galicia publica, no perfil do contratante da Consellería de Sanidade, a adxudicación, por un importe de 3.530.469 euros, a adxudicación da contratación centralizada do material destinado á determinación e control do tratamento anticoagulante oral, para os pacientes atendidos nos centros sanitarios dependentes das sete áreas sanitarias Sergas, procurando, deste xeito, as mellores condicións técnicas, así como as máximas garantías de calidade e servizo.

O control inclúe o subministro, por un período inicial de tres anos máis dous de posible prórroga, de todo o material necesario para realizar a determinación: reactivos, controis, sistema de punción, analizadores portátiles e calquera outro material software, protocolos de comunicación ou dispositivos necesarios para o óptimo funcionamento do mesmo.

Esta compra enmárcase dentro da política de centralización dos contratos de material sanitario que a Xunta ten posto en marcha nos últimos anos para acadar importantes aforros e evitar variacións significativas nos prezos dos materiais. Ao respecto, este material licitouse por un importe de 3,9 millóns e, finalmente, adxudicouse por 3,5 millóns, o que supón un aforro de 436.000 euros, é dicir do 11%, no marco da sustentabilidade económica do sistema sanitario público galego.


Seguimento destes pacientes por parte do persoal de enfermería

Esta adxudicación complementa outras actuacións que a Consellería de Sanidade está a poñer en marcha no eido da mellora continua da calidade asistencial do sistema sanitario público galego.

Así, e no marco da actual situación de escaseza de profesionais médicos, principalmente no ámbito da atención primaria, o departamento sanitario galego está a ampliar as capacidades de categorías como a enfermaría deste nivel asistencial. Deste xeito, ademais de reforzar o cadro de persoal con novas prazas creadas nos orzamentos, ampliouse a súa capacidade de resolución. Exemplo disto foi a instrución do Sergas que atribúe á enfermaría de atención primaria o seguimento dos pacientes con tratamentos anticoagulantes orais.

A posta en marcha desa instrución ten logrado, no que levamos deste ano, reducir en máis de 100.000 as consultas dos médicos de familia galegos por este motivo, o que supón liberar máis de 100.000 ocos nas axendas dos médicos de familia para atender consultas nas que a súa participación si é necesaria.



Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

Arriba