Servicio Galego de Saúde A CIBERAULA ACOLLEU A ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2022 PARA OS FILLOS DOS TRABALLADORES

A CIBERAULA ACOLLEU A ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2022 PARA OS FILLOS DOS TRABALLADORES


Esta
mañá foron entregados, na Ciberaula do Hospital Teresa Herrera, os premios do
concurso de postais de Nadal 2022 que como cada ano organiza a Área Sanitaria
da Coruña e Cee entre os fillos dos traballadores do ámbito desta Xerencia.

Con este
concurso preténdese fomentar a creatividade dos nenos e nenas nestes dous
aspectos, en principio, tan distantes, o Nadal e o labor diario da atención
sanitaria.

Os traballos presentados tiñan que gardar relación co
Nadal e a atención sanitaria, ademáis, este ano con cun aliciente máis, o 50
aniversario do HUAC. En total participaron 30 rapaces con idades comprendidas
entre os 3 e os 14 anos, distribuídos en tres categorías. Unha primeira
categoría, con idades comprendidas entre os 3 e os 6 anos; unha segunda, entre
os 7 e os 10 anos; e unha terceira con rapaces de entre os 11 e os 14 anos.

Unha vez valorados
todos os traballos, o xurado deste certame, tras un intenso debate, decidiu
premiar na categoría de 3 a 6 anos, a Sergio Meijide, de 4 anos.

Na categoría de 7
a 10 anos, o galardoado foi Diego Reboiras, de 10 anos.

E por último, na
categoría de 11 a 14 anos, o premio recaeu en Carlota Núñez, de 13 anos.

Entre estas tres postais finalistas, elixiuse como gañadora a postal
presentada por Carlota Núñez, de 13 anos.

Esta postal será utilizada pola Xerencia da Área
Sanitaria da Coruña e Cee para felicitar o Nadal.

Noraboa a todos os participantes!


img-20221223-wa0029_20221223131218.jpg


Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

Servicio Andaluz Salud
Respuestas
0
Visitas
28
Servicio Andaluz Salud
Servicio Andaluz Salud
Servicio Andaluz Salud
Respuestas
0
Visitas
23
Servicio Andaluz Salud
Servicio Andaluz Salud
Servicio Andaluz Salud
Respuestas
0
Visitas
31
Servicio Andaluz Salud
Servicio Andaluz Salud
Arriba