Servicio Galego de Saúde A CENTRAL DE COORDINACIÓN DO 061 DE GALICIA REFORZA O SEU PERSOAL UN ANO MÁIS ANTE O INCREMENTO DA DEMANDA SANITARIA NO NADAL

A CENTRAL DE COORDINACIÓN DO 061 DE GALICIA REFORZA O SEU PERSOAL UN ANO MÁIS ANTE O INCREMENTO DA DEMANDA SANITARIA NO NADAL


A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforza, un ano máis, o seu persoal da Central de Coordinación para garantir que a asistencia sanitaria ás urxencias e ás emerxencias que se produzan na Comunidade Autónoma galega sexa axeitada durante as datas de Nadal.

Así, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 reforza o servizo habitual segundo as análises de incremento de chamadas nestas datas para axilizar a consulta médica e optimizar a xestión dos recursos co fin de dispoñer dos medios máis axeitados para a atención das emerxencias que puideran xurdir.
Isto supón que estes vindeiros días haberá un facultativo máis nas quendas de noite (de 22 a 8 horas) as noites do 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, así como nas quendas de mañá e tarde dos días 24, 25 e 31 de decembro e dos días 1, 5, 6, 7 e 8 de xaneiro. Respecto ao persoal de xestión telefónica, o servizo reforzarase cun teleoperador máis na quenda da noite do 24 de decembro e con dous na noite do 31 de decembro.

Nadal 2021-2022

O pasado Nadal -desde o xoves 24 de decembro de 2021 ata o mércores 6 de xaneiro de 2022-, a Central de Coordinación do 061 de Galicia recibiu un total de 37.057 chamadas de demanda sanitaria, que xeraron 34.527 procesos asistenciais.

Dos 34.527 procesos asistenciais xerados, o 64% resolvéronse sen mobilización de recursos e o 36% restante precisaron da mobilización dalgún recurso (visita domiciliaria de médico ou enfermeiro de Atención Primaria, transporte urxente e/ou emerxencias). Dos procesos asistenciais nos que a Central de Coordinación estimou necesario a mobilización dalgún recurso e nun 53% tratouse de emerxencias sanitarias e no 47% de transporte urxente. En total, mobilizáronse 11.698 recursos.
Neste período, os accidentes de tráfico e as intoxicacións foron os principais motivos de demanda sanitaria na Central de Coordinación. Así, no Nadal pasado o 061 de Galicia recibiu 287 chamadas en relación cos accidentes de tráfico, que xeraron 219 asistencias, nas que atenderon a 380 persoas, das que tres faleceron no punto do incidente.
No caso das intoxicacións, entre o 24 de decembro de 2021 e o 6 de xaneiro de 2022, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atenderon a 324 persoas, das que 275 foron asistidas por intoxicacións por alcohol e 49 por consumo de drogas.

Por último, é importante lembrar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é o servizo encargado de prestar atención ás urxencias e ás emerxencias extrahospitalarias na Comunidade Autónoma galega as 24 horas, os 365 días do ano e que moitas vidas poden ser salvadas e moitas lesións atenuadas se reciben a asistencia sanitaria axeitada.



Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

Servicio Andaluz Salud
Respuestas
0
Visitas
41
Servicio Andaluz Salud
Servicio Andaluz Salud
Servicio Andaluz Salud
Respuestas
0
Visitas
74
Servicio Andaluz Salud
Servicio Andaluz Salud
Servicio Cántabro Salud
Respuestas
0
Visitas
27
Servicio Cántabro Salud
Servicio Cántabro Salud
Arriba