Servicio Galego de Saúde A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE RATIFICA O SEU COMPROMISO COA CALIDADE AO RENOVAR A CERTIFICACIÓN EFI

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE RATIFICA O SEU COMPROMISO COA CALIDADE AO RENOVAR A CERTIFICACIÓN EFI


A unidade de Bioloxía Molecular e Histocompatibilidade da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) acaba de renovar a certificación de calidade EFI, que lle foi outorgada pola European Federation for Immunogenetics, amosando, desta maneira, o compromiso e traballo constante que ADOS leva desenvolvendo ao longo dos anos en favor da mellora continua na prestación do servizo, para conseguir os niveis de calidade máis rigorosos e esixentes no eido sanitario

A certificación EFI é recoñecida no ámbito internacional para laboratorios que brindan servizos de probas de histocompatibilidade e inmunoxenética en apoio dos transplantes de órganos sólidos e células nai hematopoéticas, transfusións de sangue, diagnóstico de enfermidades e reaccións de hipersensibilidade a medicamentos.

O departamento de Bioloxía Molecular e Histocompatibilidade de ADOS é a unidade de referencia en Galicia para a tipaxe de HLA e desenvolve, entre as súas actividades, o estudo analítico e xestión de doantes de medula ósea para o REDMO (Registro Español de Donantes de Médula Ósea).

Esta certificación avala que o sistema de xestión desenvolvido e implantado pola unidade de Bioloxía Molecular e Histocompatibilidade de ADOS nas súas actividades se realiza coa indispensable implicación de todos os seus profesionais, conforme a uns requisitos de calidade, eficiencia, seguridade e mellora continúa recollidos nos estándares EFI, tanto no que se refire aos procedementos de traballo como a recursos humanos, materiais e ao cumprimento da lexislación aplicable.


Centro pioneiro

No ano 1998 o Centro de Transfusión de Galicia, hoxe integrado na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, converteuse nun dos primeiros centros da súa categoría que obtivo en España a certificación EFI. Desde aquela, a consecución desta acreditación vén de ratificar a continua preocupación de ADOS e da Consellería de Sanidade a favor da mellora continua nas súas institucións sanitarias.


2022122120ados20renovacion20efi_20221221172252.jpg


Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

Arriba