Servicio Galego de Saúde A ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE INCORPORA A 18 NUTRICIONISTAS PARA APOIAR AOS CENTROS DE ATENCIÓN PRIMARIA

A ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE INCORPORA A 18 NUTRICIONISTAS PARA APOIAR AOS CENTROS DE ATENCIÓN PRIMARIA


O Consello da Xunta aprobou o Decreto polo que se
crea a categoría estatutaria de dietista-nutricionista do Servizo Galego de
Saúde, completando así un
proceso de elaboración que se iniciou en febreiro deste ano coa exposición
pública do proxecto do decreto e que contou coa participación das organizacións
sindicais na Mesa Sectorial.

De xeito paralelo á creación
desta nova categoría, e como expresión de actuar no ámbito da dieta e a
nutrición, a Xunta inicia un programa piloto a través do que comezarán a
traballar de xeito inmediato, nos distintos centros de atención primaria da
Área Sanitaria da Coruña e Cee, un total de 18 nutricionistas, para a mellora
da capacidade diagnóstica neste nivel asistencial.

Así, a partir da vindeira semana,
toda a poboación da Área Sanitaria da Coruña e Cee, tanto de idade adulta como
pediátrica, terá acceso a un novo servizo na atención primaria.

Funcións

Este persoal que se
incorpora por primeira vez nas institucións sanitarias da rede do Sergas
traballará con pacientes con patoloxías crónicas como a diabetes, a
hipertensión arterial, o colesterol alto ou a obesidade.

Algunhas das funcións
encomendadas a estes profesionais serán a realización de valoracións do estado
nutricional; dar soporte na prescrición de dietas e consellos alimentarios;
identificar os factores de risco e as prácticas dietéticas inadecuadas mediante
cuestionarios de cribado e rexistros dietéticos; e colaborar no soporte
nutricional domiciliario nas funcións que lle son propias.

Xunto ao anterior, tamén
elaborarán dietas estandarizadas; participarán en programas de información e
educación alimentaria e nutricional, preventivos ou terapéuticos; e tamén
participarán na formación continuada do resto do persoal sanitario en materia
de dietética e nutrición, así como na coordinación en materia de dietética e
nutrición entre diferentes ámbitos asistenciais.


nutricionistas1_20221228105329.jpg


Fuente: Servizo Galego de Saúde
 

Quizás pueda interesarte:

Arriba