Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para Celga

  • Iniciador del tema Iniciador del tema CSIF Justicia
  • Fecha de inicio Fecha de inicio
Cursos de linguaxe administrativa galega e preparatorios para Celga


Os cursos impartiranse entre setembro de 2022 e maio de 2023, en horario de mañá ou de tarde.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega.

As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A escola poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva, no prazo máximo dun mes, contado a partir do último día establecido para a presentación da documentación, para que se determinen as adaptacións pertinentes.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que sexan presentadas fóra de prazo.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 1 ata o 10 de setembro de 2022, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro), e desde o 3 ata o 13 de xaneiro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Cursos celga e linguaxe administrativa.pdf


Fuente: Sindicato CSIF
 
Última revisión:
Comenta esta publicación...
Arriba