Bolsa de interinos de Galicia: Aberto o prazo para a selección dunha única bolsa

  • Iniciador del tema Iniciador del tema CSIF Justicia
  • Fecha de inicio Fecha de inicio
Bolsa de interinos de Galicia: Aberto o prazo para a selección dunha única bolsa


As persoas aspirantes que estean incluídas en bolsas de distintos corpos ou no mesmo corpo pero en distintas provincias, deberán seleccionar aquela na que desexen permanecer segundo prevé o artigo 12 da Orde do 4 de outubro de 2018. Se non o fan, entendese que desisten de todas as solicitudes.

Aínda que a norma só fai referencia á elección de bolsa por parte dos integrantes das bolsas de traballo e de reserva, a Dirección Xeral de Xustiza considera que tamén deben optar por unha única bolsa as persoas admitidas e baremadas.

As persoas que só solicitaron formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a elección.

A elección deberase realizar telemáticamente no prazo antes indicado e a través do formulario dispoñible na aplicación informática. Unha vez cumprimentado, deberase presentar de xeito electrónico a través da OPAX.


Fuente: Sindicato CSIF
 
Comenta esta publicación...
Las cookies son necesarias para utilizar este sitio. Debes aceptarlas para continuar utilizando el sitio. Saber más…